Tuesday 30 de April de 2024

O Concello celebra o Día de Rosalía cos estudantes de Primaria dos coles de Neda


Convida ao alumnado de 1º a 3º a asistir este venres na Casa da Cultura ao espectáculo “A Miña Historia”, con Trémola Teatro

O Concello de Neda celebra o Día de Rosalía convidando a nenos e nenas a asistir ao espectáculo “A Miña Historia”, con Trémola Teatro. Así, mañá venres, o salón de actos da Casa da Cultura abrirá as súas portas a partir das 10 horas para acoller a obra, centrada na biografía de Rosalía e narrada por Andrea, xornalista saída do século XIX. Partirá da súa vida para introducir algúns dos seus textos máis importantes, compartindo co alumnado algúns dos versos da autora, e achegando así a súa obra aos máis novos e novas.

Na actividade, organizada pola Concellería de Educación, participarán os/as estudantes de 1º, 2º e 3º curso de Primaria do CEIP de Maciñeira e do CEIP San Isidro.